Aberto o prazo para anotarse no desfile do Entroido de Ribadavia
As comparsas deben ter un mínimo de 10 persoas sen máximo de compoñentes.

Cartaz do entroido de Ribadavia 2024 / Cadena SER

Ribadavia
As comparsas terán que inscribirse no Concello, na Casa de Cultura ou no correo electrónico cultura@ribadavia.es antes do mércores 5 de febreiro. Terán que achegar os datos do responsable da mesma e un listado co nome do responsable, teléfono e número de componentes.
As comparsas terán que presentarse o domingo dia 11 de febreiro, ás 17:00 horas no I.E.S O Ribeiro. O desfile rematará na Praza Maior. As comparsas recibirán: 200€ por comparsa, 150€ por carroza e 100€ por cantar no palco. Teñen dereito a unha subvención de 5,00€ por participante no desfile. As que desexen leer coplas ou cantar no palco deberán solicitalo na inscrición.
Os teléfonos de contacto para informarse son: o do Concello de Ribadavia é o 988 477 100 e o da casa da Cultura o 988 471 900. Ademáis poden recurrir ao correo electrónico: cultura@ribadavia.es.