Teresa Abelleira e Matriusca Producciones, premios Cidade de Pontevedra 2023


O xurado dos premios Cidade de Pontevedra adoptou o acordo por unanimidade de galardoar á futbolista pontevedresa Teresa Abilleira, na categoría de persoa física, e a empresa local Matriusca Producciones, na categoría de persoa xurídica, na edición de 2023. O concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez informou esta mañá do acordo do xurado a quen agradeceu o espírito colaborado pola unanimidade aínda que eran varias as propostas nas dúas categorías.
Ao remate da Comisión de Cultura que ditaminou favorablemente a proposta do xurado, o concelleiro de Cultura deulle os parabéns aos premiados e destacou os méritos dos galardoados.
Teresa Abelleira e futbolista do Real Madrid, e parte importante da Selección Española de fútbol femenino que acadou o Campionato Mundial de Fútbol. Demetrio Gómez tamén resaltou o papel en defensa dos dereitos das mulleres e contra o machismo.
Por outra banda, Matriusca Producciones é unha empresa de Pontevedra responsable do éxito da producción de Matria. O filme estivo presente na Berlinale, no Festival de Málaga e nominada aos premios Goya. A entrega do galardóns terá lugar nun pleno de horna o sábado 20 de xaneiro, día de San Sebastián.