Recta final da programación de Nadal do Concello de Ribadavia
Coa Cabalgata de Reis como punto álxido

Cartaz da Cabalgata de Reis Magos de Ribadavia / red

Ribadavia
Continúan as actividades organizadas polo Concello de Ribadavia con motivo destas festas de Nadal. De cara a esta tarde terá lugar a actuación de Mago Albert, "Un día Máxico", a partires das 5 e media na Casa da Cultura, de balde.
Mañá xoves, día 4, haberá cine infantil, tamén na Casa da Cultura, as 6 da tarde.
O día grande será o venres coa esperada Cabalgata de Reis, que partirá as 6 da tarde do Instituto e con remate na Praza Maior, para nenos e maiores. Tamén para todos os públicos, pero neste caso o sábado, Concerto de Acordeóns, de "Bieito Blanco", a mesma hora, as 6 da tarde, na Casa da Cultura.
Pechando o domingo 7, a nosa querida Lira de Ribadavia ofrecerá o Concerto de Aninovo, as 6 da tarde, na Casa da Cultura.
Recorden todas estas citas son de balde.