Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Sanidade lembra a importancia de vacinarse da gripe e da covid-19

As persoas que aínda non se vacinasen fronte a estas infeccións respiratorias teñen a posibilidade de facelo nos hospitais mediante o sistema de autocita

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26/09/2022.- Una enfermera prepara la cuarta dosis de la vacuna del covid 19, este lunes en una residencia de Santiago de Compostela. Recibirán esta cuarta dosis 20.000 gallegos. EFE/Lavandeira jr / Lavandeira jr (EFE)

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26/09/2022.- Una enfermera prepara la cuarta dosis de la vacuna del covid 19, este lunes en una residencia de Santiago de Compostela. Recibirán esta cuarta dosis 20.000 gallegos. EFE/Lavandeira jr

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade lembra da importancia de vacinarse fronte a covid-19 e a gripe con motivo das xuntanzas familiares que son habituais no Nadal. Así, mantén habilitado o sistema de autocita para vacinarse de ambas infeccións respiratorias no conxunto de hospitais da rede sanitaria pública galega.

Deste xeito, tanto as persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 59 anos -con algunha condición de risco-, como as persoas de 60 e máis anos, poden facer uso do sistema de autocita para seren vacinados no seu hospital de referencia. Así mesmo, os nenos con idades comprendidas entre os 6 meses e os 11 anos -con algunha condición de risco- poderán solicitar a súa autocita a través da aplicación Sergas Móbil.

No caso de querer vacinarse soamente contra a gripe -e non da covid-, as persoas que aínda non o fixeran tamén poderán acudir ao seu centro de saúde -previa solicitude de cita-. Galicia conta na actualidade con máis de 760.000 persoas vacinadas xa fronte á gripe, e das que 34.000 son menores de 5 anos (48% do total).

Na seguinte ligazón pódese consultar o lugar, data e horarios en cadanseu hospital público, para vacinarse da gripe e da covid-19: https://coronavirus.sergas.es/Contidos/PUNTOS-VACINACION-COVID-GRIPE-2023

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir