Sociedad | Actualidad

O Concello de Ourense pon a funcionar os ascensores da Cruz Alta

Supuxeron un investimento dun millón de euros para mellorar a accesibilidade desta zona

Inauguración dos ascensores da Cruz Alta / red

Inauguración dos ascensores da Cruz Alta

Ourense

A Cruz Alta conta dende a tarde de onte con dous ascensores que facilitan a mobilidade vertical no barrio ourensán, ao salvar a forte pendente existente entre as rúas Xoán de Novoa e Nuño de Ousende. Os novos elevadores supuxeron un investimento dun millón de euros.

“Papá Noel chega hoxe ao barrio da Cruz Alta”, manifestou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, quen asistiu á entrada en servizo destas infraestruturas. Pérez Jácome destacou a importancia destas obras “tremendamente demandadas polos veciños, e que van mellorar sustancialmente a súa calidade de vida” e que considera ademáis fomentará “que poidan facer a pé moitos traxectos que atá agora realizaban en coche, ou en autobús, poderán ir ao centro, á farmacia ou ao supermercado, sen medo a ter que subir esa pendente a pé despois”. Por este motivo engadiu, “tamén vai supoñer unha mellora da saúde, porque fomentarán o hábito de camiñar”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00