Sociedad | Actualidad

'Corcosendo', o proxecto nacido na Ulloa que recolle e revaloriza a memoria das costureiras

Este sábado inaugúrase na Igrexa de Vilar de Donas, en Palas de Rei, unha exposición multidisciplinar

'Corcosendo': o proxecto xestado na Ulloa que pon en valor a memoria das costureiras

'Corcosendo': o proxecto xestado na Ulloa que pon en valor a memoria das costureiras

05:03

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1703093083791/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Este sábado día 23, ás 12 da mañá, a Igrexa de Vilar de Donas será o escenario no que se materialice 'Corcosendo'. É un dos 16 programas seleccionados en todo o país polo Insituto da Muller para recibir financiamento e impulsar a creación femenina.

O proxecto é unha iniciativa que xorde no departamento de audiovisuais do Instituto de Estudos Ulloáns. A gran cantidade de mulleres na zona que tiveron relación co oficio da costura, de diferentes formas, ao longo da súa vida son a pedra angular do proxecto, e o punto de partida.

Forma parte del dende as costureiras das portas, que facían roupa e arranxos en casas alleas levando a máquina na cabeza, ata as cooperativas que xurdiron nos anos 80 e 90 por toda Galicia, pasando tamén polas que coseron na emigración.

O primeiro paso foi localizalas e realizar unha serie de entrevistas, para recoller a memoria do oficio da costura. Todo o material recuperado a través deses encontros converteuse nunha exposición de 33 retratos de mulleres que foron, e a maior parte delas seguen sendo, costureiras. Están intervidos pola artista téxtil Verónica Ramilo, en función da historia de cada unha das súas protagonistas.

Completan a exposición unha performace a cargo de Helena Salgueiro, unha videocreación do cineasta Xabier Mailán, titulada 'As mas núas de quen nos vestiu', e unha canción composta por Zoelas, que interpretarán o día da inauguración. Todas estas propostas artísticas foron creadas específicamente para 'Corcosendo', e baseadas no material recollido das costureiras.

Máis adiante vaise sumar tamén un libro que recolla os seus testemuños e historias, con prólogos da artista Ana Pérez Valdés e da escritora Olga Novo, Premio Nacional de Poesía 2020, máis unha aplicación para o teléfono móbil, 'Arquitecturas da memoria'.

As costureiras

En Hoy por hoy Lugo puidemos escoitar fragmentos inéditos de dous testemuños. O de Concha, que comezou a coser con 12 anos polas portas, e que puxo un taller co seu home, que era sastre, cando casou aos 20: "Íamos a todos os lados coa maquiniña na cabeza, eramos as artistas á broma cosendo sentadas nun tallo, contábamos contiños de todo o corazón". Seguiu cosendo sempre, e asegura que para ela é "a mellor medicina".

Para as costureiras que emigraron, como Hilda, que estivo en Inglaterra, o oficio foi un sustento económico indispensable. Ela chegou a coser durante tres anos para Bruce Oldfield, un dos deseñadores favoritos de Lady Di e que participou na creación do vestido de voda da Princesa de Gales. "Foi unha época moi bonita a de coser así", recoñece, "o da costura valeu unha vida".

A exposición multidisciplinar que recolle a memoria das costureiras da Ulloa, &#039;Corcosendo&#039;, inaugúrase en Vilar de Donas o sábado 23 de decembro

A exposición multidisciplinar que recolle a memoria das costureiras da Ulloa, 'Corcosendo', inaugúrase en Vilar de Donas o sábado 23 de decembro

A exposición multidisciplinar que recolle a memoria das costureiras da Ulloa, &#039;Corcosendo&#039;, inaugúrase en Vilar de Donas o sábado 23 de decembro

A exposición multidisciplinar que recolle a memoria das costureiras da Ulloa, 'Corcosendo', inaugúrase en Vilar de Donas o sábado 23 de decembro

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00