Achégate a biblioteca de Ribadavia e doa alimentos
Ademáis haberá agasallos para os participantes

Recollida de alimentos na biblioteca de Ribadavia / Cadena SER

Ribadavia
Dende a Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia fan un chamamento: "Sexas ou non usuario da biblioteca, achégate ata aquí e contribúe a axudar a familias que nestas datas poden estar pasándoo mal, en colaboración con Cáritas do Ribeiro, trae alimentos non perecedeiros, os que ti queiras e poidas".
Ademáis para os que leven 3 donacións como mínimo, recibirán un libro de agasallo de Nadal, a elexir entre os que teñen ata fin de existencias. O prazo remata este venres.