Un 'Tocomocho' de 8.000 euros
Tres persoas foron arrestadas en Illescas (Toledo) coma presuntas autoras dun delito de estafa a unha septuaxenaria de Xinzo o pasado abril

Agentes de la Guardia Civil

Xinzo de Limia
A Garda Civil detivo a tres persoas na localidade toledana de Illescas, dous veciños de Cedilo del Condado e outro de Avila; de idades comprendidas entre os 38 e 51 anos, como presuntas autoras dun delito de estafa a unha septuaxenaria de Xinzo, empregando o método do ‘tocomocho’.
A denuncia foi presentada o pasado mes de abril por unha muller de 77 anos, quen declarou que un mozo abordoulle pola rúa en Celanova, preguntándolle por unha dirección. Un segundo varón sumouse á conversación dicindo que tal rúa non existía. O primeiro mostrou entonces uns cupóns de lotería supostamente premiados que tiñan que cobrarse nunha administración de Xinzo, e propuxo ós dous ir xuntos ata a capital da Limia para facer efectivo o premio. Antes de sair, o detido de 51 anos foi quen propuxo a venda, e a muller, pese os reparos do seu fillo; a quen lle pediu o diñeiro para a compra dos boletos, retirou 8.000 euros.
Viaxaron os tres xuntos en coche ata Vilar de Santos, onde fixeron parada nun área de servizo para que a septuaxenaria puidese ir o baño, quedando o diñeiro no asento do copiloto. Ó regresar, o coche dérase a fuga cos dous ocupantes e a cantidade retirada. As investigacións dos axentes conduxéronlles ata estas tres persoas, a quenes agora se lles imputa un delito de estafa.