O investigador ourensán Carlos Diéguez ingresa na real Academia Galega de Ciencias
Destaca que “os estudos centrados no hipotálamo achegan esperanza aos centos de millóns de pacientes que sofren obesidade”

Carlos Diéguez / Cadena SER

Ourense
O acto terá lugar as 7 de esta tarde no compostelán Pazo de San Roque. Desta maneira o científico de San Xoán de Río pasará a formar parte de esta entidade.
O seu equipo da Universidade de Santiago logrou avances significativos no coñecemento da zona do sistema nervioso central, o hipotálamo, de gran relevancia para obter fármacos eficaces fronte a diversas patoloxías, entre elas a obesidade.
Diéguez, con quen tuvemos a oportunidade de falar esta mañá, manifesta que "é unha honra e que nos se esperaba" esta nova e destaca a importante laboura da ciencia pola que considerán pasa a solución aos grandes retos da sociedade actual.
Carlos Diéguez González (San Xoán de Río - Ourense, 1955), é catedrático de Fisioloxía da Universidade de Santiago, e está considerado un referente nacional e internacional no campo da endocrinoloxía.