Luis Menor recibe na Deputación aos representantes da Federación Española de Baloncesto
No encontro púxose de manifesto a coincidencia de obxectivos entre Deputación e maila Federación

Reunión Luis Menor (Presidenta da Deputación de Ourense) con Elisa Aguilar López (Presidenta da Federación Española de Baloncesto) acompañada de Julio Bernandez Álvarez, Ramón Lago Álvarez e Miguel González López-Mosquera (Presidente e Vicepresidente 1º e 2º da Federación Galega de Baloncesto), Gabriel Rodríguez de la Paz Fernández (Secretario da Federación Española de Baloncesto), María José Varela Alonso (Secretaria da Federación Galega de Baloncesto en Ourense) e Diego Enrique Álvarez Fernández (Asesor de Deportes da Deputación Ourense). / Alberte Paz Deputación

O presidente provincial, Luis Menor, recibiu na Deputación, en visita institucional, á presidenta da Federación Española de
Baloncesto, Elisa Aguilar. Á reunión acudiu acompañada por representantes da federación galega como Julio Bernárdez,
Ramón Lago, Miguel González(presidente e vicepresidente primeiro e segundo, respectivamente); da federación española
como o secretario xeral, Gabriel Rodríguez, ou a responsable en Ourense María Varela.
No encontro púxose de manifesto a coincidencia de obxectivos entre a Deputación e maila Federación, entre eles a
promoción do deporte base e o estudo de posibles colaboracións, no marco da cooperación da institución provincial co mundo
do deporte.