Sociedad | Actualidad

Edu, trompetista aos 91 anos: "Lévome mellor entre os rapaces, porque aprendo deles"

Recibe da Federación Galega de Bandas o premio de honra a toda unha vida dedicada á música

Edu, trompetista con 91 anos: "Lévome mellor entre os rapaces, porque aprendo deles"

Edu, trompetista con 91 anos: "Lévome mellor entre os rapaces, porque aprendo deles"

09:31

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1699535302511/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Antas de Ulla

Eduardo Salgado, Edu para os que o coñecen, ten 91 anos e ensaia todos os días coa súa trompeta. Toca na Banda de Música de Antas de Ulla, fai teatro e nos últimos anos participou na rodaxe de dúas películas. A Federación Galega de Bandas de Música vén de entregarlle o premio honorífico Toda unha vida dedicada á música.

Ademais de desvelar cal cre que é o segredo da súa xuventude eterna, conta nos micrófonos da SER como se sentiu ao recibir o recoñecemento: "Foi unha sorpresa moi forte para min". Levárono coa excusa de ver un concerto, pero sen dicirlle nada. Cando se deu de conta de que falaban del di que quedou "un pouco cortado ao principio, pero despois levei unha alegría... foi inmenso".

Quedoulle pesar porque non tivo oportunidade para falar "non por nada, senón por dar gracias a toda a xente que me rodeou e que fixo que eu fora premiado". Faino nos micrófonos do Hoy por hoy Lugo, onde desvela tamén que aos seus 91 anos prefire estar cos rapaces da banda en lugar de cos máis maiores, porque asegura que deles aprende.

Di tamén que que ao andar cos máis novos se sinte máis forte: "Ata creo que as pernas que andan máis lixeiras, porque claro, queren saltar coma eles porque eu non quero ser aburrido". Ten claro, iso si, que todos lle queren ben, e el anímaos a estudar e a esforzarse.

"Apostei que se chego aos cen, salto ao mar"

Anécdotas ten para escribir varios libros, aínda que "moitas olvidadas". O que non esquece é a primeira vez que tocou a trompeta coa banda: "Ese día non me encontraba cos pés no chan, andaba no aire". Ademais do recordo, dese día garda tamén "a mesma ilusión ao tocar", intacta.

Non esquece tampouco, pois ten intención de cumplila, a aposta que fixo con dous amigos. Xogaron a ver quen dos tres superaba os cen anos, "e o último que quedara, ademais de ganar os cartos, ten que saltar dun barco ao mar". Recoñece que non sabe nadar, pero está convencido de cumplir a palabra dada: "Teranme que vir sacar, pero eu salto ao mar... e eu penso que vou chegar".

Antía Montes

Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00