Novembro arrancará en Ribadavia cheo de vida
Clown, magostos o deporte, entre o máis destacado

Imagen de Ribadavia / red

Ribadavia
O mes de novembro ven cargado de contidos. Este sábado día 4 haberá "Misaclown", un espectáculo de clown para adultos, protagonizado por Jouse García, director de Teatro do Vilar, a partires das 9 da noite, na Casa da Cultura.
Destacan tamén os magostos, o día de San Martiño. Será as 8 da tarde na Alameda, con charangas, entre elas "Los Tamega" e os "Chemigal Brothers".
A proxección do documental: #putadaguapa, o venres 17, sigue completando as accións neste caso na Madalena. Será as 8 da tarde.
A Asociación Mulleres Rurais "Nosa Señora do Portal" e a Asociación Consumidores e Usuarios do Ribeiro sacará adiante o día 19 unha degustación de cogumelos, a partires das 12 e media.
Seguirá discurrindo o mes con una actividade para os nenos e nenas como é "Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte". A cita, o sábado 25 a partires das 6 da tarde, na Casa da Cultura.
Para pechar: o deporte será protagonista coa 8ª Carreira Pedestre de Ribadavia, o domingo, 26, as 11 na Praza Maior.