Cadeas engraxadas para o Día da Bici de Ribadavia
Este domingo celébrase a edición número 27

Bicicletas que se sortearán o domingo na 27ª Edición do Día da bici de Ribadavia / red

Ribadavia
Trátase dun evento non competitivo, promovido polo Concello de Ribadavia a través do Consello Municipal de Deportes, que ten como obxetivo promover a práctica de actividade física e o uso da bicicleta. A participación é libre, para todas as idades, os 200 primeiros que se inscriban entregaráselle unha mochila e unha camiseta + Deporte La Región conmemorativa do evento que poderán recoller na Praza Maior.
A saída será as 11 da mañá da Praza Maior, pero previamente ás 10 entregaranse as mochilas e camisetas.
O percorrido semiurbano é o siguinte: Praza Maior, Rúa Progreso, Rúa do Carballiño, A Veronza, Camiño do Río, Francelos, San Lazaro e volta a Praza Maior.
Ao remate da proba haberá un sorteo de dúas bicicletas, no que participarán todos os inscritos.
Patrocinan o evento a Deputación de Ourense, e colaboran Raiders do Ribeiro e Ciclistas do Ribeiro .