A XVI carreira por montaña Cañón do Sil levará preto de 200 deportistas a percorrer a Ribeira Sacra
A proba disputarase o 22 de octubre en Parada de Sil

Presentación da XVI carreira de montaña "Canón do Sil" a celebrar en Parada de Sil. Participan Rosendo Fernández (Presidenta do INORDE), José Aquilino Domínguez Díaz (Alcalde de Parada de Sil), Manuel Pérez González (Xefe territorial de deportes da Xunta en Ourense) e Xosé Antón Vázquez Pérez (Presidenta do Clube de Montaña Ribeira Sacra e organizador da proba). / Alberte Paz-Deputación

Unha nova edición da carreira por montaña Cañón do Sil levará a preto de 200 deportistas a percorre a Ribeira Sacra, co apoio da Deputación de Ourense.
A XVI edición desta carreira, a decana de Galicia, disputarase o 22 de octubre en Parada de Sil con tres posibles percorridos de diferentes distanacias e
existencia física. O maior percorrido é de 33 quilómetros cun desnivel positivo de 2.200 metros, a distancia intermedia propon un percorrido de 17
quilómetros cun desnivel positivo de 950 metros e, por último, os interesados poden opatr pola máis curta de 7 quilómetros cun desnivel positivo de
370 metros. Nos tres casos, os participantes transitarán por camiños de terra que os levarán a coñocer lugares icónicos da zona.