Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Ocio y cultura

Yolanda Castaño: "‘Materia’ é unha crítica a cómo hoxe en día está disposta a crianza, quén a dispón e se é igualitaria"

As letras galegas están de festa, porque para Yolanda, "é un premio para todas".

La Galería: Yolanda Castaño

La Galería: Yolanda Castaño

15:26

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, é a protagonista desta semana en La Galería de Hoy por Hoy A Coruña.

As letras galegas están de festa, porque para Yolanda, "é un premio para todas, facemos parte dunha comunidade, que ten unha tradición secular, e temos unha gran tradición literaria, e concretamente a poesía galego escrita en femenina. É todo un orgullo".

  • Qué dimensión ten gañar un premio Nacional?

O premio Nacional de Poesía remóntase aos anos 40 e é a cuarta vez que gaña o premio unha obra escrita en galego.

Para Yolanda Castaño, "foi a segunda cousa máis dificil da súa vida. O primeiro foi lograr vivir da poesía".

  • ¿Cómo chega Yolanda Castaño á poesía? ¿A través de qué autores e autores?

Escribo dende que teño uso de razón, con 7 anos era a poeta do cole, naquela época non esperaba que iría por Xapón, por China, por India, por Estados Unidos, polos países latinoamericanos, por Kenia... pero o primeiro desplazamento foi de 3A a 3B.

Gloria Fuertes foi unha poeta que caeu en min, seducíume por completo e quixen ser como ela e creo que cada vez me parezo máis. Fixo moito pola aproximación á poesía, pasando polas pantallas de tv, divulgando e achegando a poesía a moita xente, rachando estereotipos e tópicos sobre a poesía, que non morde, e que a xente se decate de que ten moito máis que ver coa poesía do que realmente pensa.

  • ¿Yolanda Castaño é unha creadora esixente?

De máis, a veces por eso demoro tanto a saída dos meus libros. Ata que non me convencen a min por completo non lle dou saída a ningún verso. Creo que temos que ser ambiciosas con nós mesas, tratar de ser mellores as poetas que encontremos dentro de nós e non baixar a garda en ningún momento. Hai que ser tremendamente autoesixente.

  • Esíxelles máis as mulleres escritoras?

A nosa educación de xénero sempre nos leva a esforzarnos un pouco máis. O peso das expectativas que hai sobre nós sempre é máis grande. Un home sempre merece o posto e o lugar que ocupa ata que se demostre o contrario, e unha muller non merece o lugar e o posto que ocupa ata que se esforce moitísimo, con esforzos redobrados, para demostrar o contrario. Sempre existe máis suspicacia sobre unha muller, máis cuestionamiento, e un cuestionamiento dende máis puntos de vista, algúns deles de non moi elevado rango. Ante iso hai que seguir camiñando cara adiante.

  • E á lingüa galega?

En canto a literatura galega en xeral, ás veces tendo a pensar que somos víctimas de un complexo de inferioridade conxénito, pero estou empezando a darlle a volta, e ás veces un certo complexo de inferioridade ben enfocado, pode axudar a que tire de nós para demostrarnos que non estamos tan mal ou para demostrar que estamos máis que a altura.

  • Falemos de Materia

Materia é un libro que escribín en torno a familia, había ese tema rondando pola literatura Galega, e eu quería contribuir a esa conversa, dende unha perspectiva moi crítica e moi cuestionadora, porque a familia pode ser maravillosa, eu teño a sorte de medrar no seo dunha familia que me da liberdade, pero a familia tamén pode ser un espazo de represión e convén manterse a alerta ante iso.

  • No libro tamén falas da maternidade

Eu creo que nos toca a todas. Cando chegamos arredor dos 40 anos, comeza a rondar esa etapa biolóxica, na que nos enfrentamos a unha decisión que implica un sí ou un non, pero esa decisión ten que vir sempre despois dunha profunda reflexión. No fondo Materia fala dunha crítica a crianza, a como hoxe en día está disposta a crianza, a quen dispón ese sistema, se é realmente igualitario se eres muller ou se eres home, de dónde xorde esa desigualdade e que se pode facer para paliala.

  • Cal é o xeito de escribir que ten Yolanda Castaño?

Eu creo que sempre escribo dende a honestidade, dende a autencidade, pero non o hai que confundir con confesionalismo autobiográfico, non contar a vida en verso. Non hai que ir do que non es, as máscaras detectáas o lector en cuestión de segundos. Intento ser honesta conmigo mesma, darlle á volta as cousas, ir máis alá das verdades herdadas, darññe a volta ás opinións e ás verdades aparentemente incuestionables. Intentar buscar novas relacións entre as palabras e crear novos significados e darlle unha nova forma de interpretar o mundo e a vida e con elas novas maneiras de vivir tamén.

  • Cómo é levar a poesía galega polo mundo?

O ano pasado foron vinte viaxes nun ano levando a miña poesía en galego polo mundo dende Eslovenia hasta Kenia, de a India hasta California, votando mán da traducción, pero espallando a noticia de que existe unha cultura, unha lingüa, unha literatura que está perfectamente a altura do resto de mundo. Nestes encontros no que acuden tantos escritores con tantas lingüas, moitas veces encontras máis complicidade. En lugares como a India, que escribían nas linguas autóctonas pero tamén tiñan a tradición india e da lingua inglesa, entón entendíamos moi ben porque nós íbamos coa nosa literatura en galego fronte ao imperio do castelán. Agora veño de Chiapas, dónde tiven a honra de compartir a miña poesía con poetas mexicanos que non só escribían en castelán, senon que moitos deles escribían en linguas Mayas tremendamente interesantes e a complicidad e empatía era total.

  • ¿Cómo ves que se fale galego no congreso?

Todas as riquezas parten da diversidade. Se citamos unha enorme diversidade paisaxística, cultural, gastronómica, arquitectónica, etc. obviamente, a diversidade lingüística debería verse como parte do noso enorme patrimonio, como unha riqueza máis que nos equipara con outros países plurinacionais, plurilingüísticos e que iso é parte da súa potente riqueza.

  • ¿Cómo ves os recintos e as iniciativas culturais da Coruña?

Eu frecuento moito o forum metropolitano. Temos que estar moi orgullosos na Coruña da rede de bibliotecas municipais que é todo un exemplo, un dos grandes modelos estrela da cultura na cidade. Hoxe mesmo inaugúrase a 15ª tempada de poetas di(n)versos, que teño a honra de traer á Coruña, que é a única que apoya unha programación periódica con poetas internacionais de maneira regular unha vez ao mes, ao carón dunha voz en galego, hai unha voz de calquera lugar do mundo.

  • Hai moita poesía nas rúas da Coruña?

A Coruña estase convertindo nunha das grandes capitais literarias, non só de Galicia, senon de todo o noroeste da península. Aquí está a única escola de escrita creativa potente de Galicia, varias editoriais, a Real Academia Galega, a Asociación de escritores e escritoras en lingüa galega, hai tertulias, hai grupos poéticas, hai este ciclo que é único en España, con poetas internacionais de maneira regular, está a residencia literaria, un referente para escritoras e escritores de Galicia. Todo un caldo de cultivo que despois se reflicte no moito público e moita audiencia que hai en calquer evento literario na cidade.

  • Un lugar de A Coruña?

A miña plaza favorita é a plaza das Bárbaras, na Cidade Vella porque ahí parece que se para o mundo.

  • Un libro

Moi complicado, diríache, 'Antología poética' de Alejandra Pizarnik, que é unha das miñas autoras de cabeceira, pero mañá mismo podería decir calquera outro libro,

  • Unha película

Encantoume Revolutionary Road

  • Unha canción

Girls Just Want To Have Fun, de Cyndi Lauper.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00