Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O concello do Rosal saca a licitación as obras de reparación de case 12.000 m de camiños danados polas inundacións

Os traballos terán un custe de 140.000€ e están financiados pola Deputación de Pontevedra

O Concello do Rosal continúa avanzando no seu programa de intervencións nos camiños rurais con novas obras de mellora nos camiños de Canas e Morraceira e unha parte da Estrada de Couselo dende o cruce entre o camiño Barriños e o camiño Couselo de Abaixo ata o camiño Vilariños, en Fornelos.

Así, o Goberno municipal vén de sacar a licitación os traballos de reparación de case 12.000 metros cadrados de camiños co obxectivo de “aumentar a comodidade e seguridade viaria en tres camiños que resultaron danados polas fortes choivas ocasionadas o pasado Nadal, ao tempo que se renova o pavimento, deteriorado nalgunhas zonas”, como explica a alcaldesa Ánxela Fernández Callís.

As obras, que terán unha duración de tres meses, saen a contratación por case 140.000 euros financiados ao abeiro dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a reparación de danos causados polas intensas choivas de decembro de 2022, que causaron graves estragos en bens, equipamentos, infraestruturas e instalacións municipais.

Aínda que os tramos que se procederá a arranxar non presentan danos estruturais, si é necesario reparar as zonas deterioradas que poden afectar á seguridade da circulación renovando a superficie da calzada, o que permitirá mellorar as súas características funcionais así como a súa durabilidade.

O concello indica nun comunicado que as persoas e empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o vindeiro 30 de outubro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir