La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad

O BNG de Mos reclama a retirada de árbores e muros caídos no curso do Louro

Avisan que os obstáculos no río poderían provocar inundacións e danos en equipamentos públicos como o paseo do Louro ou o parque biosaudable da Pateira

Árbores caídas en Mos.

Árbores caídas en Mos.

Vigo

O grupo municipal do BNG de Mos remitiu un escrito á Concellería de Medio Ambiente no que se solicita a retirada dunha árbore de enormes dimensións que leva, cando menos, medio ano caída sobre o curso do Louro. Algunhas persoas usuarias do paseo fluvial alertaron xa da presenza do tronco, derrubado por un temporal nas inmediacións da ponte do Río, no pasado mes de febreiro, pero ningunha administración pública tomou cartas no asunto dende entón.

O concelleiro nacionalista Alberto Barreiro denuncia non só “a inacción do goberno do PP” tras a caída da árbore, senón tamén o crecemento descontrolado de maleza. Advirte de que “a presenza de obstáculos no cauce do río podería provocar inundacións nos próximos meses, cando cheguen as chuvias do inverno”. Sinala, ademais, que esta situación “supón unha ameaza para os campos de cultuvo e tamén para os equipamentos públicos situados na contorna”, como o paseo do Louro ou o parque biosaudable da Pateira.

O BNG xa alertou, en reiteradas ocasións, sobre a presenza non só de árbores e vexetación descontrolada, senón tamén de cascallos e muros caídos sobre o curso do Louro. Alberto Barreiro considera que o leito e as marxes do río se atopan nunha “situación de total abandono” e reclama que se poñan en marcha “os trámites e as xestións oportunas” para que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil proceda á limpeza e recuperación dun dos espazos naturais máis importantes do concello de Mos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00