Sociedad | Actualidad

A punto de rematar a vendima na Ribeira Sacra con seis millóns de kilos de uva nas adegas

Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe prevén superar as cifras do ano pasado

Vendimadores recollen uva nunha finca en Monforte de Lemos, nunha das colleitas máis abundantes. / EFE/eliseo trigo (EFE)

Vendimadores recollen uva nunha finca en Monforte de Lemos, nunha das colleitas máis abundantes.

Lugo

Está sendo unha vendima "estraña", en palabras do presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, porque empezou moi cedo, o 22 de agosto, pero tamén se está alargando máis do habitual. "As chuvias nas primeiras semanas fixeron que se retrasase a maduración dalgún tipo de uvas, sobre todo de tintos", explica o seu presidente, Antonio Lombardía, que apunta que "están esperando a alcanzar o punto de maduración óptimo para manter a calidade". A pesar de todo a previsión é que esta fin de semana o groso da colleita esté xa almacenado.

Más información

Dende o Consello Regulador agarda superar as cifras do ano anterior, porque os kilos de uva recollidos xa van camiño de superar os seis millóns. Esta é unha das colleitas máis abundantes que se recordan, di Lombardía, e lamenta que unha parte dela "non vai poder entrar nas adegas". Porque esta sobreprodución hai que sumarlle tamén os excedentes que acumularon na pandemia, coa baixada de vendas. Tamén notan que o consumidor final reduciu a súa demanda: "no supermercado todo está máis caro, e ao non ser un produto de primeira necesidae a xente é o primeiro gasto que recorta". Confía en que poidan dar saída á maior parte da uva, pero recoñece que será difícil.

Antía Montes

Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00