“A Xunta quere un rural de fin de semana, non lle interesa un ensino de calidade na nosa zona”
Maica Cacheiro, presidenta da Federación de ANPAS, critíca a política educativa da Xunta no rural
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
especial Inicio de Curso (27/09/2023)
Costa da Morte
Hoxe abrimos unha serie de monográficos nos que abordaremos varios asuntos de interese na zona. Para empezar quixemos analizar o inicio de curso 23/24, contamos coa visión das familias pero non coa da Xunta ao denegar dende a consellería de educación a nosa invitación a participar no programa.
Maica Cacheiro, presidenta da Federación de ANPAS da Costa da Morte pediu un plan de ensino específico para o rural que teña en conta a realidade de zonas como a Costa da Morte, con flexibilidade na norma antes de reducir aulas ou pechar colexios. Puxo sobre a mesa problemas epecíficos do rural como os de poder escoller optativas en secundaria.
O maior problema neste inicio de curso, e xa se repite dende hai anos e o recorte en profesorado de apoio para alumnado con necesidades especiais, cada vez son máis os profesores de apoio que comparten varios colexios o que leva a que parte do tempo que deben ocupar en atender aos alumnos o ocupen en desprazamentos. As familias séntense impotentes ao comprobar como as súas queixas non son escoitadas pola administración e cada ano se reduce a calidade do ensino.
A redución de profesorado na maioría dos centros lava a que aumente o número de alumnos por clase. Fernando Gesto conta o caso dunha aula de secundaria da Laracha con 35 alumnos, para a xunta os repetidores non contan á hora de decidir os desdobres.
Piden as ANPAS que se amplíe os ciclos de FP tendo en conta a realidade laboral da zona, o centro de FP de gandaría e forestal público máis preto está en Arzúa.
Para a presidenta das ANPAS as políticas da Xunta fomentan un rural de fin de semana e non un rural onde vivir con calidade.