O Concello de Ribadavia licita la reforma integral da pista central do Centro do Consello
O orzamento é de 161.436,34 euros

Vista de Ribadavia / GoogleMaps

Ribadavia
O Concello de Ribadavia vén de licitar a reforma integral da pista central do Centro Deportivo Municipal do Consello por un total de 161.436,34 euros (IVE incluído). Inclúe a instalación dun novo pavimento acabado en caucho con sistema flotante -especialmente apto para a práctica do balonmán, fútbol sala, baloncesto e outros deportes de interior- e a substitución dos asentos das bancadas.
O proxecto, se financia grazas á cooperación entre o Concello de Ribadavia, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia. Contará cun prazo global para a execución das obras de dous meses.
O pavimento -en total, reemplazarase 1.400 metros cadrados- tamén contará cunha caixa de rexistro para toma eléctrica na zona da pista onde se sitúa a mesa de arbitraxe.
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “con esta actuación iniciamos o noso compromiso de renovar as instalacións deportivas municipais, modernizándoas e facéndoas acordes ás necesidades da veciñanza de Ribadavia.”