A poesía enche Ribadavia
Conmemórase o centenario do nacemento de Oroza

Inauguración da exposición na tarde de onte / red

Ribadavia
A mostra itinerante coa que a Xunta conmemora o centenario do nacemento do poeta Carlos Oroza xa está en Ribadavia.
O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou na tarde de onte na inauguración desta mostra organizada xunto á Asociación Évame Oroza que repasa a vida e obra do artista. No acto estuvo tamén presente o alcalde de Ribadavia e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, o poeta, Alberto Avendaño, e Xabier Romero, presidente da mencionada asociación Évame Oroza.
Poderá visitarse ata o 29 deste mes de setembro na praza do Buxán e está composta por distintas imaxes e textos de relevancia na súa produción literaria.