Rematas as obras da segunda fase de rehabilitación da antiga casa da Sociedade en Fornelo de Salvaterra de Miño
Invertíronse 25.000 euros


Vigo
Esta rehabilitación tivo unha inversión de máis de 25.000 euros para levar a cabo os traballos en fachada e interior.
O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa Comunidade de Montes de Fornelos, ven de rematar a segunda fase de rehabilitación do que era a antiga Casa da Sociedade, na parroquia de Fornelos.
Estas obras tiveron unha inversión total de máis de 25.000 euros cos cales se encintou e lavou a fachada ademáis de preparar os pisos do interior da edificación.
Co remate destas accións avánzase na rehabilitación integral do edificio, cun gran valor histórico e sentimental para esta parroquia, e con fin último de que sexa un punto de referencia á hora de desenvolver actividades culturais e sociosanitarias para veciños e veciñas.