Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Economía y negocios | Actualidad

Agosto rexistra un repunte no desemprego

O mes pasado deixa 32 desempregados máis na bisbarra. Só descende en Malpica, Dumbría, Muxía, Camariñas e Zas

O paro experimentou un lixeiro repunte na Costa da Morte durante o mes de agosto / JAVIER BELVER (EFE)

O paro experimentou un lixeiro repunte na Costa da Morte durante o mes de agosto

Costa da Morte

Os datos do paro amosan un lixeiro repunte na comarca durante o mes de agosto. Pese a ser un mes de intensa actividade na hostalería, a comarca perdeu emprego antes de que as actividades relacionadas co sector turístico poñan punto e final a tempada.

Por bisbarras, a que presenta peores datos é Bergantiños, onde agás Malpica (-7) e Coristanco que non sufre variación, no resto de concellos aumentou lixeiramente o paro. Á cabeza Carballo, con 16 novos desempregados, seguido de Ponteceso con 8, Laxe e Cabana (3) e A Laracha (2). EN total son 25 parados a maiores respecto a xullo.

En Fisterra son 16 persoas as que perderon o seu emprego. Cee é a máis perxudicada con 13, seguida de Corcubión (7) e Fisterra con 2. Escapan desa tendencia Dumbría con catro parados menos e Muxía onde hai dous desempregados menos.

Na comarca de Soneira están os mellores datos con Camariñas e Zas rexistrando 5 parados menos, aumentando en Vimianzo nunha persoa. En Carnota non hai variación respecto a xullo e Mazaricos aumenta a cifra de parados en 5 persoas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00