Concentración das escolas de vela de toda Galicia en Castrelo de Miño
Dende este xoves 31 de agosto ata o sábado 2 de setembro a ría do Ribeiro, mar de Ourense alberga este evento

XXV Concentración de escolas de vela de toda Galicia en Castrelo de Miño / Castrelo de Miño

O alcalde, Avelino Pazos, xunto coa primeira tenente alcalde, Rita Pereiras e os Tenentes 2º, 3º e 4º alcalde,
Francisco Pérez, J.Antonio Ferreiro e Marisol Alonso, acompañados pola vicepresidenta da Deputación de
Ourense, Marta Nóvoa, do delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén e da presidenta do Club Náutico Castrelo
de Miño, Beatriz Alberte, presentaron a XXV Concentración de Vela de toda Galicia e a Copa Deputación de Ourense de Vela
que se celebrará dende este xoves 31 de agosto ata o sábado 2 de setembro no Parque Náutico de Castrelo
de Miño, nas augas da ría do Ribeiro, mar de Ourense.