O venres 18 realizarase unha nova visita aos muíños do Tripes
Esta actividade se organiza tralo éxito acadado na visita programada para o venres 11


O venres, 18 de agosto, ás 10 h realizarase unha nova visita guiada aos muíños do río Tripes dentro da iniciativa “Coñece o noso patrimonio rural: Os Muíños do Tripes” que organiza a Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes en colaboración co Concello de Tui.
Esta nova actividade organízase ante o éxito de acollida na prevista para este venres, 11 de agosto, para a que as prazas se completaron xa na fin de semana.
A participación nesta actividade é gratuíta pero é preciso inscrición previa en turismo@tui.gal.
Dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento á Asociación Cultural Muiñeiros do Río Tripes por esta iniciativa para dar a coñecer e poñer en valor a nosa cultura e tradición.