Unha subvención estatal permitirá executar a humanización do entorno da Praza de Abastos de Tui
O Ministerio de Comercio vén de conceder unha axudar de 725.000 euros para esta obra

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, sobre la subvención obtenida para la remodelación del entorno de la Plaza de Abastos
02:25
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Tui
O Concello de Tui vai investir case un millóns de euros na humanización do entorno do Mercado Municipal. Para esta obra o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, ven de conceder preto 724.000 € dos algo máis de 905.000€ a que ascende o proxecto a executar. O consistorio local asumirá o 20% restante do orzamento.
Trátase da segunda fase do proxecto de “Humanización do entorno do mercado municipal e dixitalización e revitalización do comercio local de Tui”. A subvención recibida forma parte da liña de Axudas para o apoio a mercados, zonas urbanas comerciais, comercio non sedentario e canles de comercialización do Ministerio. Este proxecto contempla por unha parte a actuación en todo o entorno da praza de abastos e por outra parte unha serie de iniciativas concretas en formación, dixitalización e sensibilización para o comercio local.
Así porase en relación o edificio da praza de abastos co seu entorno, dotándoo de singularidade e espazos de lecer e esparexemento. Na obra de humanización crearase unha nova praza urbana na traseira do edificio, que contará cun espazo interior cuberto – a executar na primeira fase – no que se poderán realizar eventos e actividades, e farase peonil un tramo da rúa Maristas.
Ampliaranse as zonas verdes conectando a pequena zona boscosa existente nas inmediacións cun xardín a carón da praza, o que se reforzará coa plantación de árbores e a instalación de xardineiras na zona de aparcamento. Reconfigurarase esta zona destinada ao estacionamento dos vehículos trasladándose á zona leste, e se mellorará a dársena traseira de carga e descarga adaptando a súa altura para que poida ser empregada por furgonetas. Procederase amais á mellora das redes de pluviais, abastecemento e saneamento, ao tempo que toda a zona será moito máis accesible.
A obra para finais de ano
Esta segunda fase completa a posta en marcha dun conxunto integral de actuacións que comezará coa reforma integral do edificio. Esta obra sairá en breve á licitación, unha vez sexan aprobados en pleno os pregos técnicos.
O proxecto inclúe tamén a dixitalización e revitalización do comercio local dando continuidade ás actuacións previstas tamén na primeira fase neste ámbito. Así contémplase a posta en marcha dunha APP de fidelización ao comercio local, unha plataforma Smart City sobre hábitos de compra, a implantación de redes wifi nas zonas comercias, cartelería dixital con información comercial así coma unha diagnose e a elaboración dunha folla de ruta para mellorar a competitividade do sector comercial.
Desta actuación beneficiaranse preto de 300 establecementos comerciais do municipio, así coma os 140 postos do mercado semanal dos xoves.