O Parque Náutico de Galicia acolle a Regata Avión-Castrelo de Miño
Esta proba é puntuable para a Copa Deputación de Ourense

Presentación da XIV Regata Avión-Castrelo de Miño "Copa Deputacion de Remo" no parque náutico de Galicia en Castrelo de Miño. Asisiten César Fernández Gil (Vicepresidenta da Deputación Ourense), Avelino Pazos Pérez (Alcalde de Castrelo de Miño), Manuel Pérez González (Xefe Territorial de deportes da Xunta en Ourense), José Manuel Fernández Ortega (Delegado da federadicón galega de Remo en Ourense) e Pedro Andrés García (Presidenta do Clube Fluvial Avión-Castrelo de Miño). / Alberte Paz Deputación

O Parque Náutico de Galicia, en Castrelo de Miño, acollerá este domingo día 6 de agosto, a XIV Regata Avión-Castrelo de Miño, proba para a Copa Deputación de Ourense de Piragüismo e na que que se darán cita máis dun cento de deportistas de cinco equipos ourensáns.
Nas augasda Ría do Ribeiro, Mar de Ourense do Miño, reuniranse o domingo 122 padexeiros dos equipos Fluvial Allariz, Sociedade Cultural Fontefría de Muíños, Fluvial de O Barco, Piragüismo Ourense e o club organizador, o Fluvial Avión-Castrelo de Miño