Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O paro descende en 314 persoas na bisbarra

Espectacular baixada en Bergantiños con 222 parados menos.

O paro descendeu de novo na bisbarra / Antonio García (EFE)

O paro descendeu de novo na bisbarra

Costa da Morte

O paro continúa coa súa tendencia á baixa e os datos de xuño veñen de afondar nesa dinámica. A Costa da Morte rexistra 314 parados menos, encabezando ese descenso a comarca de Bergantiños con 222 persoas menos rexistradas nas oficinas de emprego. Na comarca de Soneira o paro tamén descende en 25 persoas e na de Fisterra o descenso acadou os 47.

A zona de Bergantiños rexistra un importante descenso nas cifras do paro con 222 desempregados menos. Por concellos, Carballo lidera o descenso con 83, seguido por A Laracha con 42 e a máis distancia Ponteceso e Coristanco (23), Cabana (21), Malpica (19) e Laxe (11).

Nas Terras de Soneira está o único concello onde aumenta o paro, Zas, con dous desempregados máis. En Vimianzo descende en 16 e Camariñas 11, deixando o balance en 25 parados menos.

A comarca de Fisterra ten 47 parados menos respecto o mes anterior. Muxía con 17 e Cee con 16 encabezan o descenso. Tamén baixan en Corcubión (6), Fisterra (5) e Dumbría (3).

Os datos complétanos Carnota, que baixa en 18 persoas o rexistro de parados e Mazaricos con 2 desempregados menos no seu concello.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir