Mañá abre a veda do polbo
A campaña extenderase ata o comenzo da veda en 2024. Aumentan os topes de captura

O polbo xera importantes ingresos nas lonxas da bisbarra. / Miguel Ramos (EFE)

Costa da Morte
Luns, cinco da madrugada. Esa é a hora de inicio da campaña extrativa do polbo, un período que se extenderá ata o inicio da veda de 2024, con data inda pendente de ser fixada. Unha das novidades desta campaña é o aumento dos topes de captura, fixados en 35 quilos por día e barco, con outros 35 quilos a maiores por cada tripulante enrolado no barco ata un máximo de 240. Unhas cifras que a partir do 31 de agosto ampliaranse ata os 55 quilos/día e 55 quilos por tripulante ata un máximo de 350 quilos.
O plan establece algunhas limitacións, como o horario de traballo que estará comprendido entre as seis da mañá e as catro da tarde. O número de nasas fixarase en función do tamaño da embarcación e do número de tripulantes que se atopen a bordo.