O Pazo Paco Paz acollerá ao longo do mes de xullo escolas de verán deportivas para rapaces de 4 a 14 anos
As escolas serán en tres quendas no mes de xullo do 4 ao 14, do 17 ao 21 e do 24 ao 29

Presentación das escolas de verán depOurtivas do Pazo dos Deportes "Paco Paz". Asisiten Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense), Sara Pato García (Representante de OCIOSAUGAL) e Bernardino González Vázquez (Asesor de deportes da Deputación Ourense). / Alberte Paz Deputación

O Pazo dos Deportes Paco Paz acollerá ao longo do mes de xullo as Escolas de Verán ´´ depOUrtivas´´, un programa de concialiación deeseño para rapaces de entre 4 a 14 anos organizado pola Deputación de Ourense e Ociosaugal.
Os nenos participantes en cada quenda dividiranse en grupos atendendo ás idades, co obxetivo de adaptar as actividades aos rapaces ás súas propias preferencias.
As actividades das escolas deportivas abranguerán diferentes tipos. Dentro da temática deportiva, por exemplo, os rapaces practicarán deportes como o atletismo, o fútbol, baloncesto, tiro con arco, lanzamento de xavelina ou hockey. Tamén se practicarán outros deportes que fomenten a inclusión e a participación de todos, poñendo
o énfase nos valores de respecto, empatía e o compañerismo.
O prezo por rapaz é de 25 euros por semana na modalidade básica- de 09,00 a 14,00 horas, con opción de comezar ás 08,00 horas e de 60 euros por semana na modalidade básica+comedor. Para máis información 988 317.900.