SER Deportivos OurenseSER Deportivos Ourense
Más deportes

Máis de 200 deportistas daranse cita na V edición da andaina Ruta Porta do Cañón do Sil

O recadado na andaina irá destinado á investigación do cancro infantil e a enfermidade de Duchenne

Máis de 200 persoas darnse cita este domingo na V edición da andaina solidaria Ruta Porta do Cañón do Sil

Presentacación da V Ruta Porta do Canon do Sil. Participan Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense), Carlos Gómez Blnaco (Alcalde de Xunqueira de Espadanedo) e María Alonso Conce (Presidenta da Asociación Cultura Os Xuncos - Xunqueira de Espadanedo). / Alberte Paz Deputación Ourense

Presentacación da V Ruta Porta do Canon do Sil. Participan Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense), Carlos Gómez Blnaco (Alcalde de Xunqueira de Espadanedo) e María Alonso Conce (Presidenta da Asociación Cultura Os Xuncos - Xunqueira de Espadanedo).

Máis de 200 deportistas daranse cita este domingo, 25 de xuño, na quinta edición da andaina solidaria Ruta do Cañón do Sil.

A proba está organizada pola Asociación Cultural Os Xuncos e conta coa colaboración da Deputación de Ourense e o Concello

de Xunqueira de Espadana. O recadado na andaina irá destinada á investigación do cancro infantil e a enfermidade de Duchenne.

A andaina comezará ás 9:00 horas do domingo e está deseñada para que os participantes poidan descubrir o patrimonio cultural e natural da

Ribeira Sacra.

Existen dúas posibles rutas na proba. A primeira ten un percorrido de 17.21 quilómetros en plena Ribeira Sacra e segue un itinerario recentemente sinalizado

e acondicionado. No traxecto conta con varios carteis de información, dous puntos de avituallamento e un par de miradores.

O inicio e final do percorrido é o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, un dos máis destacados da Ribeira Sacra. Esta edición tamén inclúe

unha ruta de 8.5 quilómetros, máis accesible para todos os públicos e cun punto de avituallamento.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00