Ocio y cultura

A RAG despregará unha programación para destacar a figura de Florencio Delgado Gurriarán ao que dedicará o Día dás Letras

A Real Academia Galega publicará documentación inédita sobre o homenaxeado no exilio mexicano

A RAG presenta a programación das Letras Galegas 2022 sobre a figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán

A RAG presenta a programación das Letras Galegas 2022 sobre a figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán / RAG

A RAG presenta a programación das Letras Galegas 2022 sobre a figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán

A Coruña

A Real Academia Galega desenvolverá unha ampla programación con motivo do Día dás Letras Galegas dedicado este ano a Florencio Delgado Gurriarán, figura fundamental no exilio mexicano nos anos 30. A RAG presentou as actividades que subliñarán a dimensión como poeta e "traballador da lingua galega" do homenaxeado. O acto tivo lugar na súa sede en cálea Tabernas da Coruña coa presenza, entre outros, de Ricardo Gurriarán, biógrafo e familiar de Forencio Delgado.

Florencio Delgado Guarriarán encarna a cultura popular e relaciónaa, na década dos 30, coas vangardas e logo coa poesía civil que critica o castrapo, os caciques e a visión de Galicia dos que a querían negar, segundo a Real Academia Galega. Con esta celebración o 17 de maio, Vilamartín de Valdeorras -a súa terra- e México quedarán unidas.

A programación realizarase co apoio da Xunta, o Ministerio de Ciencia e Innovación, deputacións, concellos e Fundación Barrié.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00