O Xurés destino do Ciclismo de Montaña
A proba da Xurés Bike Tour reunirá os días 17 e 18 xuño a máis de 200 deportistas

Presentadicón da Xures Bike Tour. Partician Manuel Baltar; Gabriel Alén Castro (Delegdo da Xunta en Ouresne), Maria del Carmen Yáñez Salgado, Sandra Quintas e Plácido Álvarez (Alcadesas de Lobios, Bande e Muiños), Nuno Rodrígues e George Fidaldo (Representantes da Cámara de Montealegre), Rafael Estévez González (Representante de RODOSA), e Serafín Martínez Otero (Organizador da proba). / Alberte Paz

A competición desenvolverase en tres etapas, e volverá a amosar as paraxes naturais de Muíños, Bande, Lobios e Montalegre.
A Deputación de Ourense a través do Inorde organiza, co apoio de Turismo de Galicia, a terceira edición da ´´ Xurés Bike Tour´´ para que
novamente todos os afeccionados ao ciclismo de montaña poidan volver a gozar das paraxes naturais que ofrece esta zona do Xurés.
O evento, que se celebrará os días 17 e 18 de xuño, reunirá a máis de 200 deportistas nunha proba competitiva en bicicleta de montaña en forma volta de dous
días e dividida en tres etapas(dous tipo maratón e unha cronoescalada. A competición será de forma individual ou por parellas.