O académico Henrique Monteagudo advirte de que o galego segue perdendo falantes mentres os vellos prexuízos rebrotan
Publicou un artigo cando se cumpren 40 anos da Lei de Normalización Lingüística
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/P7LWLHNMBNFVDBNOKQEPRETXJE.jpg?auth=efa2407d16380a91303f4aa0f2d57301d0aed492ef54f089dbdbebadd0a4cb8a&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/P7LWLHNMBNFVDBNOKQEPRETXJE.jpg?auth=efa2407d16380a91303f4aa0f2d57301d0aed492ef54f089dbdbebadd0a4cb8a)
A Coruña
Cúmprense 40 anos da Lei de Normalización Lingüística e o coordinador do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, o académico Henrique Monteagudo, advirte de que o galego segue perdendo falantes. Critica o "neoliberalismo lingüístico" que se desenvolveu a partir de 2005 contra unha suposta "imposición do galego" con consecuencias ao seu xuízo "nefastas" que romperon a súa transmisión interxeracional. Ve necesario "un amplo pacto pola lingua".
Más información
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/6BAQZ7SF7BCP5ICHJHGPWA4YPQ.jpg?auth=dcee99739217bb57d70193cc2bc200fce0a9e8dccedfc7a6de92d8950da8ac23&quality=70&width=360&height=202&smart=true)
Monteagudo chama a paliar a infrarrepresentación do galego no mundo da Web, os computadores e os teléfonos móbiles "que transformaron a nosa experiencia cotiá". Pide que se vincule á necesidade de que se pervivencia do galego "ás maiorías sociais" con compromisos públicos e máis recursos.
Sinala que as medidas de promoción mostráronse "ineficaces" porque se centraron na educación e o prestixio cultural do galego, pero mantívose "a hexemonía do castelán na economía, nos medios de comunicación, nas novas tecnoloxías e na cultura de masas".
Hora 14 A Coruña