Ruta Literaria por Tui dentro do programa Tui en Letras
Partirá este venres ás 19.30 h da Biblioteca Municipal
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/DLA6QT273JJLZLIP4ZXFVIDXSA.jpg?auth=40899499c77a05501aa18b8ebbea1e18ea94b7a7496dfa56b3fc962d1c2f5ec8&quality=70&width=650&height=487&smart=true)
A.V.
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/DLA6QT273JJLZLIP4ZXFVIDXSA.jpg?auth=40899499c77a05501aa18b8ebbea1e18ea94b7a7496dfa56b3fc962d1c2f5ec8)
Dentro da programación de ‘Tui en Letras’ este venres terá lugar unha nova ruta literaria pola cidade de Tui na que os participantes percorrerán diversos lugares da cidade vinculados a figuras literarias tudenses coma a casa familiar dos Álvarez Blázquez, a residencia vacacional de Camilo José Cela, a antiga igrexa de San Xoán do Porto vinculada co troveiro medieval Golparro, a rúa onde residiu o historiador Francisco Ávila y Lacueva… Tamén se vistiarán outros enclaves relacionados con Faustino Rey Romero, María Tydeska (María Gloria Pereira).
Sairá as 19.30 h dende a Biblioteca Municipal, no edificio Francisco Sanchez.
Para a concelleira de Cultura en funcións, Sonsoles Vicente, esta actividade vincula o patrimonio material tudense co acervo cultural legado polos escritores e literatos que, ao longo do tempo, teñen enriquecido a nosa vida colectiva, moitos deles hoxe case esquecidos. Con esta actividade a concellería de Cultura do Concello de Tui continua avanzado no programa “Tui en letras” que, ao longo dos meses de abril, maio e xuño, ven ofertando un amplo programa de actividades de promoción da lectura e a lingua galega. Un programa que conta co colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.
A asistencia é libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.