Política | Actualidad

A Costa da Morte, análise concello a concello

Os resultados e a situación de cada municipio da bisbarra

O panorama incerto dalgúns concellos obriga ao diálogo para conseguir a investidura / Beatriz Álvarez

O panorama incerto dalgúns concellos obriga ao diálogo para conseguir a investidura

A Laracha

  • PP 12 concelleiros (4114 votos)
  • BNG 3 concelleiros (1286 votos)
  • PSOE 2 concelleiros (1023 votos)

Costa da Morte

José Manuel López Varela seguirá gobernando con maioría absoluta en A Laracha. Encadea con esta sete maiorías absolutas e conserva un bastón de mando que acadou en 1999. Os populares sumaron un acta máis respecto ás anteriores municipais pese a perder 287 votos.

O BNG de Carolina Castiñeiras aumenta a súa presenza pasando de 2 a 3 edís e suma 285 novos votantes, nunha tendencia distinta á do PSOE onde Palomi Rodríguez Castiñeira perde dous dos catro asentos na corporación e se deixa 453 votos.

Cabana

  • PP 7 concelleiros (1627 votos)
  • BNG 4 concelleiros (924 votos)
  • PSOE 0 concelleiros (215 votos)

José Muíño renova o seu mandato por catro anos máis, conservando unha alcaldía conseguida en 2003. A de onte é a sexta maioría absoluta, pese a ter deixado polo camiño 152 votos e un edil.

O que muda de xeito radical é o panorama na oposición. Aparece con forza o BNG da man de Tatiana Rellán. A candidata nacionalista monopoliza a oposición ao PP aon pasar de 1 a 4 edís e sumar 689 novos apoios. Unha subida que contrasta co descalabro do PSOE que desaparece da corporación ao perder 184 votos e o único concelleiro que posuía.

Camariñas

  • PSOE 8 concelleiros (1795 votos)
  • PP 4 concelleiros (974 votos)
  • BNG 1 concelleiro (370 votos)

Todo sigue igual en Camariñas. O reparto de forzas é idéntico ao de 2019 e Sandra Insua continuará gobernando con maioría absoluta. Curiosidades da lei electoral, o PSOE recibe en Camariñas o menor número de votos das catro últimas eleccións municipais pero a caída de 278 votos non se traduce en perda de edís. A vantaxe respecto a PP e BNG mantense e a situación para o partido do puño e a rosa é máis cómoda que en 2011 e 2015. Por vez primeira manteñen os 8 edís conquistados en 2019.

Na oposición cae en votos o PP (96) e sube lixeiramente o Bloque (68) modificacións insuficientes para que cambie a proporción de forzas nun dos bastións socialistas da bisbarra.

Carballo

  • BNG 13 concelleiros (8019 votos)
  • PP 6 concelleiros (4308 votos)
  • PSOE 2 concelleiros (1611 votos)
  • VOX 0 concelleiros (481 votos)
  • PUM+X 0 concelleiros (337 votos)
  • Podemos 0 concelleiros (56 votos)

Evencio Ferrero foi un dos triunfadores da noite. O BNG mantén e amplía a súa maioría absoluta, gañando un concelleiro respecto a 2019. Os nacionalistas medran de xeito ininterrumpido en cada cita coas urnas, sumando un representante en cada convocatoria, pasando dos 10 edís de 2010 aos 13 da nova lexislatura. Dende 2003 o aumento de representación é constante nos nacionalistas carballeses.

Enfrente estará o PP como principal forza opositora. Os de Rubén Loranzo suman dous novos postos na corporación e reúnen 899 votos máis respecto a 2019. Un aumento previsible habida conta da desaparición de TEGA na capital de Bergantiños. Os populares semellan ter recollido gran parte dos 1530 votos que TEGA colleitara en 2019. O revés da noite foi para o PSOE de Mari Carmen Vila que perde un edil logo da fuga de 755 votantes.

Carnota

  • PSOE 6 concelleiros (1116 votos)
  • BNG 3 concelleiros (616 votos)
  • PP 2 concelleiros (556 votos)
  • CxG 0 concelleiros (27 votos)

A agardada pugna pola alcadía entre o actual alcalde e o ex rexedor Moncho Noceda (BNG) quedou en nada. José Manuel Saborido "Moma" fortalece a súa posición conseguindo un novo edil para gobernar con maioría absoluta. Os socialistas reúnen 130 votos máis respecto a 2019 e afrontarán a lexislatura sen sobresaltos.

O terceiro asalto á alcaldía de Moncho Noceda rematou sen éxito. Logo de facerse co bastón de mando entre 1983-1986 e 2011-2019, desta volta o nacionalista pinchou na "operación retorno". O Bloque mantén os 3 concelleiros da pasada lexislatura pero se deixa 106 votos polo camiño. No PP lamentan hoxe a fuga de 179 sufraxios, o que supoxo a perda dun representante, pasando de 3 a 2.

Cee

  • PSOE 7 concelleiros (2165 votos)
  • PP 3 concelleiros (1187 votos)
  • BNG 2 concelleiros (608 votos)
  • IxC 1 concelleiro (447 votos)
  • UCGA 0 concelleiros (139 votos)

Logo da fragmentación resultante da cita de 2019, a nova corporación terá só catro grupos políticos. Margot Lamela aparece como valor emerxente no PSOE logo de conseguir 847 novos votantes e pasar de 4 a 7 concelleiros, o que lle garante unha maioría absoluta para gobernar sen condicionantes.

A aposta do PP por Jesús Picallo non fructificou e, pese a sumar 324 votos respecto a 2019, os populares estancáronse en 3 concelleiros, ao igual que nas pasadas eleccións, quedando moi lonxe do obxectivo de recuperar a alcaldía. O BNG non gañan apoio logo da súa labor na oposición e se deixa 77 votos, mentres que a IxC se lle esfuman a metade dos votos e quedará cun só concelleiro, perdendo 2.

Corcubión

  • BNG 4 concelleiros (423 votos)
  • PSOE 2 concelleiros (258 votos)
  • PP 2 concelleiros (184 votos)
  • SC 1 concelleiro (104 votos)
  • PACor 0 concelleiros (92 votos)

Un dos nomes da noite é Francisco Javier Domínguez, "Drok". O candidato nacionalista desbancou do goberno a Lalo Insua. O BNG dobra os seus apoios (210 novos votantes) e a súa representación no pleno. Por contra, o PSOE paga o desgaste e os seus erros en campaña deixándose 114 votos e un concelleiro. Sempre Corcubión queima parte do capital obtido en 2019 e perde 101 votos e un concelleiro, mentres que a loita entre PP e PACor por un asento no pleno inda está aberta. PACor perdeu o único concelleiro que mantiña por un só voto e vén de presentar unha reclación por un voto que considera nulo e que foi imputado ao PP. De estimarse a impugnación, PACOR entraría no pleno en detrimento do PP que onte pasou de 1 a 2 representantes pese a obter menos votos cá en 2019.

Coristanco

  • PP 10 concelleiros (2273 votos)
  • PSOE 2 concelleiros (450 votos)
  • BNG 1 concelleiro (436 votos)
  • VOX 0 concelleiro (169 votos)

Revolución na paisaxe electoral coristanquesa. A desaparición de cinco formacións que competiron en 2019 (TEGA, ALVC, CONTIGO, C´S e En Común) anunciaba trasvases de votos que, ao final, só foron nunha dirección. Juan Carlos García Pose continuará gobernando pero cunha maioría absoluta rotunda. Os populares dobran presenza (de 5 a 10 edis) e votos (890 votos).

PSOE e BNG terán unha presenza testemuñal na corporación con 2 e 1 concelleiros respectivamente e un lixeiro aumento de sufraxios.

Dumbría

  • PSOE 7 concelleiros (1190 votos)
  • PP 2 concelleiros (331 votos)
  • BNG 2 concelleiros (323 votos)

En Dumbría etapa post José Manuel Pequeño arranca con máis novidades na oposición que no goberno. Raúl González mantén o goberno socialista cunha maioría absoluta sobrada pese a deixarse no relevo 2 concelleiros e 336 votos.

Enfrente estará un PP que conserva dous edís e irrumpe o BNG recollendo as perdas dos socialistas. Xaime Trillo irrumpe na corporación con 2 concelleiros conseguidos tras obter 323 votos. Os nacionalistas non tiñan presenza en Dumbría dende 1999.

Fisterra

  • PP 5 concelleiros (1186 votos)
  • AV 3 concelleiros (722 votos)
  • PSOE 2 concelleiros (582 votos)
  • BNG 1 concelleiro (340 votos)

Unha das decepcións da noite para os socialistas e nacionalistas é a perda da alcaldía Fisterrá. O goberno de coalición esnafrouse perdendo 3 concelleiros (2 o PSOE e 1 o BNG). O alcalde en función, Pepe Marcote, deixouse polo camiño a metade dos votos de 2019 (429), mentras que ao Bloque esfumáronselle 242 sufraxios.

Os triunfadores na Vila do Cristo foron PP e AV. Os populares gañan 132 votos e conservan os 5 concelleiros, o que sitúa a Luis Insua como o principal candidato a facerse coa alcaldía. Alternativa dos Veciños, con Áurea Domínguez, debuta con forza acadando 722 votos e 3 asentos no pleno. A opción principal para a lexislatura é un goberno en minoría, pero non se desbota un pacto de investidura AV-PSOE-BNG. A sintonía entre os partidos a nivel local non atravesa o seu mellor momento pero as direccións dos partidos poderían favorecer un achegamento.

Laxe

  • PP 6 concelleiros (951 votos)
  • BNG 3 concelleiros (571 votos)
  • PSOE 1 concelleiro (275 votos)
  • Podemos 1 concelleiro (152 votos)

José Luis Pérez conserva a maioría absoluta para o PP pese á baixada de 203 votos en comparación coas últimas municipais. Enfrente terá un partido máis (Podemos), un PSOE en plena crise logo de perder 3 edís e 424 votos e un BNG en alza ao acadar o seu mellor resultado histórico con 3 concelleiros (tiña 1) e 571 votos (323 máis).

Malpica

  • PP 6 concelleiros (1313 votos)
  • PSOE 4 concelleiros (1030 votos)
  • BNG 2 concelleiros (552 votos)
  • AIM 1 concelleiro (290 votos)
  • VOX 0 concelleiros (141 votos)

Poucas novidades en Malica onde todos os partidos perderon votos respecto a 2019 pero sen variar a proporción de forzas. Eduardo Parga perfílase como alcade se reedita o pacto co independente Alfredo Cañizo que, unha vez máis, fíxose co rol de "chave de goberno" ao igual que en 2011 e 2019

Mazaricos

  • BNG 6 concelleiros (1319 votos)
  • PP 4 concelleiros (878 votos)
  • ESCO 1 concelleiro (339 votos)
  • PSOE 0 concelleiros (108 votos)

Juan Blanco continuará gobernando Mazaricos, tale como leva facendo dende 2015, e de novo con maioría absoluta. Os nacionalistas acusan desgaste, perdendo 1 concelleiro e 239 votos. Ese edil recupérao o PP que suma 4 (tal e como tiña en 2015) e aumenta o seu apoio en 137 votos.

O PSOE perde a súa única acta e 296 votos e o principal beneficiado é o excandidato socialista Javier González que será de novo edil na corporación pero agora baixo a marca de Espazo en Común.

Muxía

  • PSOE 5 concelleiros (1351 votos)
  • PP 3 concelleiros (737 votos)
  • IxM 2 concelleiros (675 votos)
  • BNG 1 concelleiro (344 votos)

Escenario complexo o que se presenta en Muxía. Iago Toba mantivo o liderado para o PSOE a costa de deixarse no camiño dous edís e 352 votos. Ao PSOE non lle dan as contas para gobernar sen apoiso e na corporación entrante non parece que vaia a atopar aliados logo dunha lexislatura chea de polémicas e friccións.

Fronte ao PSOE, o PP conserva 3 concelleiros nun contexto agridoce para os populares: Toba non conseguiu a maioría absoluta pero o PP baixou 234 votos respecto a hai catro anos. No panorama muxián irrumpen os Independentes de Javier Sar con 2 concelleiros e 675 votos. Este novo partido pode ser chave no futuro político da vila. As liñas vermellas entre PP e BNG poderían non ser un obstáculo no suposto dun pacto de investidura onde ambas formacións fixesen alcalde a alguén "de consenso" como pode ser o ex patrón maior. O cuarto vértice da nova corporación é un BNG que semella estancado, conservando o concelleiro que mantén dende hai máis dunha década.

Ponteceso

  • PSOE 4 concelleiros (1090 votos)
  • PP 4 concelleiros (969 votos)
  • PG 2 concelleiros (507)
  • AxP 1 concelleiro (438 votos)
  • BNG 1 concelleiro (293 votos)
  • APIN 1 concelleiro (220 votos)
  • UCIN 0 concelleiros (6 votos)

Se a situación en Muxía é complicada, a de Ponteceso non o é menos. A lexislatura estrivo plagada de escándalos, plenos tormentosos e declaracións altisonantes. A maioría absoluta do PSOE que anunciaba un cuatrienio tranquilo esnaquizouse e orixinou unha panorama político moi fragmentado. O resultado das urnas deixa unha etapa con pluralidade de forzas políticas e liñas vermellas cruzadas.

Lois García Carballido estragou unha maioría absoluta e provocou unha hemorraxia de votos pese a súa intensiva campaña mediática. Os socialistas perderon a metade dos apoios de 2019, de 8 a 4 edís e 900 votos menos. O PP iguala os 4 concelleiros do PSOE, mellorando en un e sumando 80 sufraxios respecto ás últimas municipais. Carballido e José Manuel Mato (PP) semellan os encargados de buscar a suma necesaria para obter a investidura.

O Partido Galego de Juan Ramón Vidal recolle parte do botín perdido polo PSOE e con 507 votos terá dous asentos no pleno pontecesán. Adiante por Ponteceso (Roberto Andrade) entra na corporación cun concelleiro que pode ser clave ao igual que o BNG. Os nacionalistas suman 58 votos respecto a 2019 e sitúan a Fátima Rodríguez Gonzálvez nun pleno onde quedaran sen representación nas últimas eleccións. Completa a ecuación PAIN que baixo a marca Espazo Común perdeu 250 sufraxios e un edil.

Varias son as claves para resolver a investidura. A pimeira son os vetos cruzados entre diversas formacións. O PSOE ten difícil chegar a acordos mentres non se aparte Lois García Carballido. PP, APIN, e PG teñen amosado a súa negativa a pactar co alcalde en funcións. Pola outra banda o BNG non establece pactos co PP e o candidatode AxP amosou no debate electoral de Radio Nordés a súa vontade de non pactar co candidato popular. O diálogo, a capacidade de chegar a acordos e a ausencia de personalismos será máis importante que nunca en Ponteceso.

Vimianzo

  • PSOE 10 concelleiros (3432 votos)
  • BNG 2 concelleiros (853 votos)
  • PP 1 concelleiro (431 votos)

Rotundo e indiscutible triunfo de Mónica Rodríguez que acada a maoría absoluta tras sumar 1267 novos votantes e pasar de 6 a 10 concelleiros. Á corporación soneirán retorna o BNG que aumenta o seu apoio social e 697 persoas produto de recoller parte do legado da desaparecida Adiante Vimianzo. O Partido Popular explosiona baixando ata a súa marca máis baixa no histórico das eleccións locais. Un concelleiro e 297 votos menos para os populares son o seu rexistro de 2023.

Zas

  • BNG 7 concelleiros (1582 votos)
  • PP 3 concelleiros (827 votos)
  • PSOE 1 concelleiro (401 votos)
  • ALNO 0 concelleiros (89 votos)

Lolo Muíño acada unha nova maioría absoluta, a cuarta xa, e continuará á fronte do concello de Zas tal e como sucede dende 2007. O Bloque perde 307 votos e un concelleiro inda que continúa gobernando cun amplo marxe de maniobra. O seu principal competidor, o PP, perde forza (62 sufraxios) pero mantén os 3 asentos no pleno zasense. Recollendo votos de BNG e ALNO retorna ao panorama político o PSOE que, da man de Sheila Rial, volve a unha corporación onde non tiña presenza dende 2011.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00