Política | Actualidad

Os candidatos de Malpica protagonizaron o debate no ecuador da campaña electoral

Empezou bronco o debate cos candidatos á alcaldía e Malpica que teñen representación no pleno

Alfredo Cañizo, candidato de AIM iniciou a súa intervención con ataques persoais ao candidato do BNG e acusando ao partido de corrupto, tamén criticou ao candidato do PSOE o ex alcalde Walter Pardo co que formou goberno ata a moción de censura.

Máis moderado o candidato popular, o actual alcalde Eduardo Parga, centrouse principalmente en explicar as iniciativas que puxeron en marcha nestes dous anos de goberno. Neste punto, respondeu ás acusacións do socialista que acusou ao rexedor de arruinar o concello gastando o remanente. Parga asegurou que ese remanente do que presume Pardo xa o había cando se formou o goberno socialista, pero non respondeu á reiterada pregunta de cantos cartos quedan nas arcas municipais.

Houbo unanimidade sobre a necesidade de mellorar o SAF pero con certas discrepancias. O candidato do BNG Miguel Varela incidiu en que as traballadoras deste servizo se queixan de que a empresa non está cumprindo o convenio, e o alcalde botou balóns fora responsabilizando á empresa e asegurando que aí o concello non ten nada que facer. Walter Pardo fixo fincapé na necesidade de reducir a lista de agarda do servizo.

Outras propostas que se puxeron sobre a mesa foron a da traía da auga, obras en varios puntos do municipio, ou o retraso na chegada do centro de día.

O turismo tamén foi protagonista no debate con propostas para un turismo de natureza e sostible, reproches sobre o apoio ao Camiño dos Faros e promesas de realización de varias rutas ou unha oficina de información todo o ano. Tamén coincidiron os candidatos na necesidade de apoiar ao sector oleiro, pero con distintas propostas que van dende os cursos de formación ou o incremento do apoio á mostra de olería.

Con respecto ao sector pesqueiro propuxeron impulsar a venda de peixe fresco, mellorar a seguridade no porto ou construír un centro de empaquetado no polígono.

O debate rematou coa habitual petición de voto por parte dos candidatos. Como o resto de debates electorais xa se pode ver na canle de YouTube de Radio Nordés e escoitar o podcast dende a web radionordes.com. O vindeiro luns será a quenda para os candidatos á alcaldía do concello de Fisterra.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00