Manuel de Castro chega á literatura
Presentarase na sede do Celta

Convite da presentación.

Vigo
O mércores 24 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Salón Rexio da Sede RC Celta, en Vigo, a presentación de "Manuel de Castro, Hándicap. Crónica dunha paixón", de Adrián Estévez.
Acompañando o autor, estarán Sergio Álvarez, ex porteiro do RC Celta, Juan de Castro, neto de Hándicap, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.