XV Torneo primavera cidade de Ourense de Ximnasia Rítmica
O sábado día 13 de maio terá lugar unha nova edición do Torneo Primavera Cidade de Ourense

XV Torneo Primavera Cidade de Ourense de Gimnasia Rítmica / Ximnasia Pavillón

Haberá competición nos niveis promoción, base/prebase e absoluto. Estarán presentes todas as categorías, aínda que non todas en todos os niveis.
Na competición individual de nivel absoluto optouse por unha fórmula novedosa na que competirán en categoría mixta e os ximnastas alevín, infantil e junior( masdulino e femeninas).
Antes do inicio da competición e durante a mesma haberá algúns exercicios de exhibición a cargo dos grupos de ximnastas máis noveles da Escola Pavillón e do conxunto senior de ximnasia estética. Este Torneo está organizado polo Club Ximnasia Pavillón Ourense e oficializado pola Federación Galega de Ximansia.
Clubes participantes:
Esquío- Ferrol.
CDXR-Compostela.
Viravolta-Santiago de Compostela.
Treboada-Pontevedra.
María Barbeito-A Coruña.
Ausarta-Padrón A Coruña.
Saraiba-Poio-Pontevedra.
Maniotas-Vigo-Pontevedra.
Acordes-Oleiros- A Coruña.
Escola Pavillón-Ourense.
Club Ximnasia Pavillón-Ourense.