Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ribadavia conmemora o Día das Letras Galegas cun amplo programa de actividades

Música, recitais, teatro e descontos en libros en galego, entre o máis destacado

Presentación do cartel do programa do Día das Letras Galegas en Ribadavia / concell

Presentación do cartel do programa do Día das Letras Galegas en Ribadavia

Ribadavia

O Concello de Ribadavia celebrará o Día das Letras Galegas rendendo homenaxe á Francisco Fernández Del Riego, programando diferentes actividades culturais, artísticas e de lectura durante a semana das letras galegas, do día 14 de maio ao 20. Un ano máis tamén se celebrará a Semana do Libro en Galego con axudas da entidade local á compra de libros en galego nas librarías de Ribadavia, Goyma, Follas novas e Mafranch.

Un programa cultural e lúdico que a concelleira de cultura, e vice-alcaldesa de Ribadavia Paula Rodríguez ,presentaba xunto co portavoz do goberno municipal, Brais Fidalgo .

Entre o mais destacado: o día 14 deste mes haberá un encontro de escritoras arredor da figura de Francisco Fernández Del Reigo, homenaxeado nas Letras 2023, as 12:30 horas na Casa do Concello. Intervirán: Malores Villanueva, Roberto Pascual e Oriana Méndez e modera a xornalista Alba Chao. As 8 da tarde o Auditorio Manuel María da Casa da Cultura acolle a obra de Teatro "Relatos da fin da era humana", de Teatro Experimental de Barbadás.

O día 16 haberá presentación do libro" A nunca vista", de Ana Abad. Obra gañadora do premio Abrente de Textos teatrais da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia en 2022. Será as 8 da tarde na Casa da Cultura.

Xa o propio día 17 de maio as 11 da mañá a cita será cos pasarrúas do Grupo de Baile e Música Tradicional Sadeo. Asemade haberá conmemoración do 50 aniversario da 1ª Mostra de Abrente. Lectura de por persoas vencellas á xeración Abrente as 12 del mediodía na Praza Maior e unha hora máis tarde actuación de Sadeo no mesmo lugar. As 7 da tarde encontro co teatro infantil con "A teima de Xoana", de Valparaíso y con "A escola de Dona Lola", de Anaquiños de Francelos, no local social de Francelos, Fontiña Mariña.

Xa o día 20 peche co espectáculo musical crúas, recital musical de piano e voz.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir