Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Fibromialgia

Charla-Coloquio sobre fibromialxia na Casa dos Alonso da Guarda

O martes día 9 de maio ás 19h00 na Casa dos Alonso da Guarda, coa asistencia do Dr. Rafael B. Melero González

O vindeiro martes día 9 de maio ás 19h00 a Casa dos Alonso acolle unha Charla-Coloquio sobre a enfermidade da fibromialxia, na que se contará coa participación do Dr. Rafael B. Melero González.

Nesta charla, aberta a toda a cidadanía, tratarase sobre que é a enfermidade da fibromialxia e se está vencellada coas enfermidades de tipo reumatolóxicas.

O Dr. Rafael B. Melero González é un médico reumatólogo graduado na Universidade de Santiago de Compostela que ten unha dilatada experiencia no campo da reumatoloxía, tendo traballado no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela ou no Hospital da Costa de Lugo.

Ao longo desta charla-coloquio, os asistentes terán a oportunidade de despexar as súas dúbidas sobre esta enfermidade, que afecta a moitos veciños e veciñas da nosa vila, da man dun experto na materia que tentará dar luz ás súas inquedanzas a través dos seus coñecementos sobre a fibromialxia e a reumatoloxía.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00