Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad
Orquestra Clásica

A Clásica pecha a temporada con Chaikovski e o pianista italiano Giuseppe Andaloro

A cita será este sábado 6 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Afundación de Vigo

A Orquesta Clásica de Vigo pecha a temporada ‘Escoitas’ este sábado, 6 de maio, cun concerto dedicado a Chaikovski e co recoñecido pianista Giuseppe Andaloro como protagonista. O músico italiano viaxará por primeira vez a Galicia para compartir escenario coa Orquesta Clásica de Vigo. A cita será ás 20:30 horas no Teatro Afundación de Vigo e as entradas están á venda na plataforma Ataquilla.

O Concerto para piano e orquestra nº 1 constitúe o máis coñecido da produción de Petr Ilich Chaikovski das tres obras que compuxo para este instrumento. O concerto ofrecerá unha auténtica discusión apaixonada entre piano e orquestra, construíndo un concerto atípico na liña de toda a temporada. A melodía coa que comeza este concerto é unha das máis coñecidas da historia da música, un motivo poderoso que, ao parecer, foi escoitado polo compositor a un grupo de músicos de rúa. Esta historia relata esa comunicación entre o popular e o académico, feito que será unha constante que advertiremos en máis ocasións na obra deste artista.

O programa deste último concerto da temporada complétase coa interpretación da peza Preludio da noite sulagada, de Carme Rodríguez, segundo premio do certame CreaClásica 2019, posto en marcha pola Clásica en colaboración coa Fundación SGAE para fomentar a creación contemporánea en Galicia e apoiar aos músicos emerxentes.

Sobre Giuseppe Andaloro

Giuseppe Andaloro está considerado como un dos artistas máis apreciados da súa xeración. En 2005 foi galardonado coa medalla ao mérito artístico do Ministerio de Patrimonio e Cultura de Italia. Para a Clásica é un orgullo que o pianista italiano sexa o solista do último concerto da temporada ‘Escoitas’.

Entradas á venda

As entradas para o concerto Chaikovski xa están á venda na plataforma Ataquilla.com a un prezo de 5 a 15 euros en función da butaca. Tamén estarán á venda na billeteira do teatro antes do concerto e, neste momento, a un prezo de 5 euros para as persoas menores de 30 anos.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00