Ciclismo polas estradas ourensás
O próximo luns celebrarase o XIV Campionato da Península Ibérica

Presentación do Campionato da Penínsual Ibérica - Copa Deputación de Ciclismos o próximo día 1 de maio de 2023. Asisten Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense), Anibal Pereira Novoa (Consello municipal de deportes de Ourense), Manuel Pérez Gonzáguez (Xefe Teritorial de deportes da Xunta en Ourense), Carlos Moures (Organizador da proba), Bernardino González Vázquez (Asesor de deportas da Deputación Ourense) entre outros responsable e patrocinadores da proba. / Deputación Ourense

A proba foi presentada no Pazo Provincial e organizada pola a Fundación ADO Moure ProDeporte, co apoio da Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes.
Os afeccionados ao ciclismo daranse cita o 1 de maio no XIV Campionato da Península Ibérica, proba cun percorrido de 72 quilómetros, os ciclistas partirán do barrio ourensán de Vistahermosa ás 10:55 horas, para continuar por estradas da comarca do Ribeiro e regresar a Ourense en torno ás 12:40 hora, coa meta instalada no alto do Mon de Deu, tamén no citado barrio. A proba, aberta e non federada, está aberta ás persoas maiores de 15 anos nas categorías, masculina e feminina cadete, junior, senior e máster, 30-40-50-60.