La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Natación

Os 80 mellores nadadores e nadadoras de toda Galicia enfróntanse en Ponteareas

O CN Ponteareas organiza este sábado 29 de abril o Campionato Norte- Sur, un all star game que ofrecerá ao público un verdadeiro espectáculo

O Campionato Norte-Sur de Natación disputará este sábado 29 de abril a súa segunda edición e reunirá na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino ás e aos 80 mellores nadadores de Galicia, 40 da zona norte e 40 da sur. O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, e o director técnico do Club Natación Ponteareas, Andrés Carrera, presentaron esta nova competición nun acto no que estiveron acompañados polo deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez; polo xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides; polo director técnico da Federación Galega de Natación, Daniel Toro, e por membros e patrocinadores do club deportivo.

O público poderá gozar da competición a partir das 10h30 de forma presencial “case a pé de piscina” ou por streaming a través da canle de Youtube do Club Natación Ponteareas. “Será unha competición moi relevante pola calidade das e dos participantes, que estamos seguros e seguras de que darán un verdadeiro espectáculo”, explicou Andrés Carrera, quen tamén presentou durante o acto a revista do club ponteareán, unha nova ferramenta de divulgación que recolle todo o traballo realizado e dos éxitos acadados ao longo da tempada.

O deputado de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, quixo felicitar ao CN Ponteareas por todos os eventos feitos ata o de agora “e que farán ao longo dos anos, cos que apostan por dinamizar e poñer en valor o deporte”. Pola súa banda, Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta, recoñeceu o esforzo realizado polo club para estender a natación por todos os recunchos.

O concelleiro Miguel Bouzó resaltou a importancia de achegar a Ponteareas unha competición tan diferente, que se suma “á ampla programación de eventos e iniciativas que está a desenvolver o CN Ponteareas e que amosa a capacidade do club para renovarse. Todo un camiño de éxitos que é froito do traballo e do esforzo que realiza o club a todos os niveis”. O concelleiro tamén destacou “as importantes sinerxías que estes eventos crean entre deporte, turismo, comercio e hostalaría, xa que contribúen a facer de Ponteareas unha vila viva e dinámica”.

O director técnico da Federación Galega de Natación, Daniel Toro, convidou a todo o público a achegarse este sábado 29 ao Complexo Deportivo Álvaro Pino “para gozar dun campionato moi atractivo e pouco habitual” e felicitou ao CN Ponteareas a ao Concello pola constante colaboración para poder seguir realizando este tipo de iniciativas hoxe en día.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00