O Concello de Arnoia visitará aos maiores que vivan sós e en vulnerabilidade
Calculan que hai unhas 25 persoas nesa situación

Novo servizo de atención a persoas maiores de 65 anos do Concello de Arnoia

Ribeiro
O Concello de Arnoia creará un novo servizo gratuíto dirixido a persoas de máis de 65 anos vulnerables con visitas periódicas aos domicilios.
Logo de detectar situacións graves relacionadas principalmente coa soidade, o Concello decidiu aproveitar o programa Concilia que actualmente é deficitario debido á baixa natalidade, para crear este novo servizo.