La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Día do Libro 2023

Ponteareas conmemora o Día do Libro cun obradoiro infantil na Biblioteca Municipal

A cita é o sábado 22 de 11h00 a 12h30 con inscrición previa, para nenas e nenos a partir de 5 anos

A Biblioteca Municipal de Ponteareas celebra o Día Internacional do Libro cunha actividade deseñada especialmente para achegar ao público infantil á literatura e ao pracer por ler. Será cun obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos que se celebrará o vindeiro sábado 22 de abril de 11.00 a 12.30 horas.

Trátase dunha nova actividade enmarcada na programación da Biblioteca Municipal coa que se busca “promover entre o público máis novo non só o amor pola lectura, senón tamén o desenvolvemento da creatividade, facendo que cativos e cativas vexan a biblioteca como un espazo de lecer, aberto e participativo”, como salienta o concelleiro de Cultural, Fernando Groba.

As persoas interesadas en participar poderán solicitar máis información e reservar praza nas propias instalacións da Biblioteca Municipal, a través do correo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es ou chamando ao 986 660 765.

Con esta iniciativa a Biblioteca Municipal súmase a todas actividades que o Concello de Ponteareas está a realizar para conmemorar o Día Internacional do Libro, como o ciclo literario ‘Abril, mes do libro’, a través do que seis autores e autoras da comarca ou de Galicia, moitos deles e delas vinculados á vila, están a presentar as súas últimas obras.

O ciclo arrancou xa na Semana Santa coa presentación dos libros de Manuel López Rodríguez e Ana Fernández Melón e continuou a semana pasada coa de Fran Fernández Davila e Mar Míguez. Tras o parón pola coincidencia coa VII Semana das Ciencias de Ponteareas, as presentacións volverán a vindeira semana coa presentación o 26 de abril de Óscar Pazos Rodríguez, que achegará ao público o seu libro ‘A invención da Gallaecia e a minaría do ouro. Unha tese sobre as orixes de Galiza’.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00