La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Degusta Europa

Comeza "Degusta Europa" en Redondela con máis de 800 tapas na Praza de Abastos

Carmela Silva e Digna Rivas presentan este programa “reinterpretando desde a vangarda a cociña das nosas avoas e as nosas nais”

Rafa Estevez

O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” arrancou este mércores 19 na Praza de Abastos de Redondela. Carmela Silva e e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas acompañaron aos traballadores e veciñanza que se achegou á praza para gozar de máis de 800 tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza con produtos da provincia de quilómetro cero.

Carmela Silva explicou que este programa se celebra para conmemorar o 9 de maio, Día de Europa “e a gastronomía é unha das cuestións máis importantes da Unión Europea, pois é patrimonio inmaterial dos seus pobos”.

“Degusta Europa” porá en valor os produtos de quilómetro cero da provincia e dinamizar os mercados e prazas municipais para darlles un toque de innovación e vangarda gastronómica. “As Rías Baixas xogan un papel fundamental na gastronomía de Europa, porque non hai produtos como os nosos", asegurou a presidenta provincial. "Son os mercados tradicionais os que teñen o produto do día, de enorme calidade e aos que a xente ven mercar o mellor produto do mundo”.

Esta edición está vencellada á campaña de turismo da Deputación, “Orixe”, polo que o menú busca facer unha homenaxe “á cociña tradicional, a das nosas avoas e nais, que é esa cociña de produto, feita con cariño”.

O menú na Praza de Abastos de Redondela foi elaborado alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, “un centro de formación profesional que é un orgullo, non só da provincia ou Galicia, senón de toda España, porque é moi referenciado e ten moitos recoñecementos”, como asegurou Carmela Silva.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fixo fincapé na importancia de “dar un impulso aos mercados”. “Queriamos tamén revolucionar á xente que se achegase ata aquí con algo especial, que é degustar produtos como o noso choco da Ría, e non hai mellor espazo que esta Praza de Abastos”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00