Máis de medio milleiro de deportistas participarán en Xinzo na Copa OCRA Galicia
Xinzo de Limia no epicentro do deporte de alto nivel este domingo

Maís de medio milleiro de deportistas partciparán na Copa OCRA Galicia en Xinzo de Limia / Concello Xinzo de Limia

tado O evento terá lugar en diferentes escenarios da vila como o Toural, a ribeira do río ou casco vello, nun percorrido adpado para cada unha das catro categorías: infantil, equipos, popular e élite.
O Concello de Xinzo de Limia fai unha aposta polo turismo deportivo acollendo a primeira edición da Copa OCRA Galicia, que será un referente en carreiras de obstáculos e reunirá a máis de medio millar de deportistas esta fin de semana.
A Copa OCRA Galicia terá como epicentro o Parque do Toural, alternando a rubeira do río Limia cun trazado urbano polo casco vello que ofrecerá espectacularidade á proba. Haberá catro categorías: infantil, equipos, popular e élite. Para os máis pequenos establecerase un circuíto no parque do Toural e nas súas inmediacións e está previsto que a proba comece ás 12:00 horas. As categorías de equipos e popular terán, dede as 10:00 horas, un percorrido de 7 quilómetros pola marxe do río Limia, alternando tramos polo casco urbano para rematar no Toural. En total, serán 25 obstaculos aos que deberán enfrontarse os deportistas. Para a categoría élite establécese un percorrido de 9 quilómetros e unha trintena de obstáculos, que comezará ás 13.00 horas e no que se decidirá ao campións galegos desta disciplina.