Volven as procesións a Baiona este Xoves Santo
A Irmandade da Santa Casa, a confraría máis antiga de Galicia, ultima todos os preparativos
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/B5FQ3647HZGWFLDAGH7STQNS6Y.jpg?auth=626c5f26d84aca02826d6a7e2b94f9ffd112420df567b8798ad82505bca26198&quality=70&width=650&height=487&focal=1096,307)
![](https://cadenaser.com/resizer/v2/B5FQ3647HZGWFLDAGH7STQNS6Y.jpg?auth=626c5f26d84aca02826d6a7e2b94f9ffd112420df567b8798ad82505bca26198)
A Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona atópase inmersa nos preparativos das procesións da Semana Santa.
Tras semanas de ensaios e preparativos na capela da Misericordia, os máis de sesenta costaleros da Irmandade da Santa Casa, a confraría máis antiga de Galicia, volverán portar desde as oito da tarde do Xoves Santo, polo centro histórico baionés a oración do horto das oliveiras, a flagelación de Xesús atado á columna, o Ecce Homo –máis coñecido como Cristo da Caniña polo xunco que porta a modo de cetro nunha man–, o Xesús da primeira caída, o Xesús axudado por Simón de Cirene, o Xesucristo crucificado e a Virxe da Primeira Dor.
Pola súa banda, o Vía Crucis na Igrexa Parroquial iniciará a xornada do Venres Santo a partir das 10h00, desde onde sairá ás 20h00 a Procesión do Santo Enterro, acompañada pola Banda de Música de Baiona. Ás 23h00 sairá desde a Igrexa Parroquial a Procesión da Soledad, reservada só para mulleres.