O Parque de San Esteban de Negros conta cunha tirolina e unha pista polivalente
O Concello transformou o lugar de lecer con bancos, xogos de axedrez e petanca, unha tirolina e unha pista para diversos deportes
O Concello de Redondela transforma o Parque de San Esteban de Negros, un espazo pensado para a vida social da veciñanza que inclúe instalacións infantís e para adultos.
A parcela onde se sitúa o parque, xunto á estrada N-555 e próximo ás rúas Camiño do Sapal e Camiño Costa Mouriño, atópase valada e delimitada, cunha superficie plana de 5.000 m².
Conta con 4 zonas definidas e diferenciadas polas súas instalacións. A zona infantil sitúase ao leste da parcela onde se realizou un acondicionamento do terreo para a construcción de instalacións de xogo combinado, con estruturas de diversas formas e variedades.
A zona de maiores sitúase ao sur da parcela onde se realizou un acondicionamento do terreo para o posterior recheo e estendido de area fina lavada, para despois instalar unha tirolina de dous carrís con vistas dende a altura á natureza.
A zona deportiva sitúase ao oeste da parcel, con formigón armado e a formación dunha pista deportiva polivalente, de 24x12. Esta pista ten uso para moitos deportes, dende o patinaxe, ao baloncesto ou o fútbol.
Por último a zona de descanso sitúase na parte central da parcela. Aquí instalouse mobiliario de descanso, con bancos, 3 mesas de picnic con bancos de madeira de piñeiro, 2 mesas de parchís con catro asentos, 2 mesas de xadrez con dous asentos e 3 papeleiras coas súas cubetas.